Proxección da película «Matria» de Álvaro Gago
- Data
- Martes, 24 de febreiro de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 24 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a proxección da película «Matria». Esta proxección, comprendida dentro do II Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada polo seu director, Álvaro Gago.
Matria
Director: Álvaro Gago
2023, 99 minutos
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nunha localidade da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse e proporcionarlle un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Álvaro Gago (Vigo, 1986) licenciouse en 2008 en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. En 2009 mudouse a Chicago para estudar teatro e un ano despois trasladouse a Londres para continuar os seus estudos cinematográficos na London Film School. En xaneiro de 2018 gañou o premio do xurado no Festival de Cine de Sundance coa súa curtametraxe Matria e en maio do mesmo ano recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción no Festival de Cans, onde tamén obtivo o premio do público á mellor curtametraxe e o premio especial do xurado local á mellor curtametraxe. Baseándose nesta curtametraxe, desenvolveu posteriormente máis a personaxe de Ramona para "documentar a realidade baixo un velo de ficción" e estreou en 2023 a película Matria, coa que a súa protagonista, María Vázquez, tivo diversas nomeacións como mellor actriz, conseguindo a Biznaga de Ouro no Festival de Cine de Málaga dese ano. En 2024, na XXXVIII edición dos Premios Goya, Gago foi nomeado á Mellor Dirección Novel e María Vázquez como mellor actriz por Matria.