Visita guiada á exposición «Abuso» de Amabel Míguez na Igrexa da Universidade

Data
Martes, 28 de outubro de 2025
Horario
12.30h
Lugar
Igrexa da Universidade
Máis información

Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 16 de outubro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O martes, 6 de xuño, ás 12.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Abuso» de Amabel Míguez, situada na Igrexa da Universidade.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 16 de outubro.

A artista Amabel Míguez de la Sierra presenta nesta mostra unha obra en papel, maioritariamente debuxo, en ocasións de gran formato, que lle permite combinar unha técnica tan basal como é o debuxo cun tratamento temático e compositivo orixinal. O abuso, ese sobrepasamento agresivo, maniféstase en situacións de todo tipo que non sempre son entendidas como extralimitación ou exceso. A reflexión de Amabel Míguez céntrase nesta ocasión nos máis evidentes abusos á infancia, ás veces pouco disimulados nas relacións de poder ou mesmo sexuais. E tamén nos abusos sociais que xorden en ocasións aparentemente pouco comprometidas: unha festa familiar, unha voda, unha celebración. O abuso aí xa non é un protagonismo persoal senón que resulta excesivo no propio tratamento da situación. Os excesos celebrativos que hoxe en día padece a sociedade deste tempo resultan completamente abusivos para quen os padece de maneira directa, pero tamén para aqueles que quixeran participar da mesma celebración e quedan excluídos pola súa situación social e económica: un abuso in absentia. Amabel Míguez, nunha senda ás veces perturbadora, irónica e pouco amable, pon en evidencia as contradiccións sociais que se esconden nun comportamento visto como socialmente correcto e plausible. O contido individual de cada peza, cargada de valores non sempre evidentes, afastan estes debuxos dunha falsa imaxe ilustradora necesitada dun discurso explicativo auxiliar.

Próximos eventos Ver axenda