Conferencia «Da expresión dos afectos á independencia instrumental: a escritura idiomática do Barroco» de Beatriz Cancela

Data
Luns, 13 de outubro de 2025
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Web Ateneo Barroco

Acceso gratuíto ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 13 de outubro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Da expresión dos afectos á independencia instrumental: a escritura idiomática do Barroco», que estará impartida por Beatriz Cancela, Licenciada en Historia e Ciencias da Música.

Esta conferencia pertence Festival de Música Antiga e Barroca, ATENEO BARROCO, configurándose como unha actividade complementaria ao mesmo, un evento musical que se desenvolverá do 8 ao 22 de outubro en diferentes escenarios do patrimonio compostelán.

O Barroco representa, para a música instrumental, o momento de eclosión e emancipación da música instrumental da vocal. É un momento de innovación e busca dunha identidade propia fundamentada na evolución das técnicas organolóxicas dos construtores de instrumentos e tamén da riqueza das agrupacións instrumentais, das distintas achegas en canto á composición e xéneros, pero tamén no que infire á interpretación (música práctica), ao igual que no labor de moitos teóricos e tratadistas, que deron en somerxerse no estudo e na experimentación da música instrumental até acadar as cotas mais elevadas deste período e mesmo da historia da música. A través desta achega pódese trazar un fío argumental entre o repertorio e os contidos que configuran a programación dun festival de Música Antiga e Barroca como o Ateneo Barroco na súa sétima edición, sumando aclaracións teóricas que axuden a discernir os elementos que coadxuvaron no desenvolvemento dunha linguaxe que marcará o devir da música instrumental futura.

BEATRIZ CANCELA MONTES
É diplomada en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciada en Historia e Ciencias da Música e doutora pola Universidade de Oviedo. Traballa como docente no ensino público galego, como mestra de Música e, na actualidade, como profesora de Música de secundaria. Compaxina a función docente coa investigación musicolóxica, centrando o seu labor en dous campos principais: a Música na Compostela do século XIX e o estudo das bandas de música. Gañadora do I Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán e accésit na súa segunda convocatoria, dende 2022 forma parte da Comisión Técnica do Arquivo Sonoro de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda