Visita guiada á exposición «Rafael Úbeda. Visión retrospectiva» no Museo Centro Gaiás

Data
Venres, 6 de xuño de 2025
Horario
12.00h
Lugar
Museo Centro Gaiás
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O venres, 6 de xuño, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Rafael Úbeda. Visión retrospectiva», situada no Museo Centro Gaiás.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o xoves, 29 de maio.

Comisariada pola Licenciada en Historia da Arte, Pilar Corredoira, esta exposición abrangue unha ollada completa da traxectoria creativa de Rafael Úbeda, afondando nos fitos máis relevantes da súa obra e das pezas representativas que marcaron cada etapa dese camiño de sete décadas de pintura. Esta mostra supón un relato pictórico que ten en conta as súas etapas vitais, moi vencellada aos lugares nos que habitou (Pontevedra, Madrid, Holanda e Italia), propiciando unha viaxe polo universo e a biografía dun creador que representa un dos nomes principais da pintura galega. Formada por 56 pinturas, cinco debuxos e unha peza audiovisual inédita que axuda a comprender a súa evolución, a exposición tamén reflicte a gran importancia que a música tivo na vida do artista, converténdose nun elemento recorrente ao longo da súa obra, e recolle o carácter mural da súa pintura, que se manifesta nos grandes formatos.

Próximos eventos Ver axenda