Proxección da película «8 mulleres» de François Ozon

Data
Martes, 20 de maio de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «O CINE FRANCÉS DO SÉCULO XXI»

Compartir

O martes, 20 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «8 mulleres» (8 femmes), comprendida dentro do Ciclo «O cine francés do século XXI» do Cineclub Ateneo.

8 mulleres (8 femmes)
Director: François Ozon
2002, 103 minutos
Nos anos cincuenta, nunha gran mansión burguesa no campo, onde se están facendo os preparativos para festexar o Nadal, o dono da casa é asasinado. Oito mulleres cercanas á vítima están presentes polo que forzosamente unha delas ten que ser a culpable. Comeza entón unha longa xornada de investigación, chea de discusións, traicións e revelacións, na que non tardará en saberse que cada unha delas ten as súas razóns e garda secretos insospeitados. A verdade estalará, cruel e tráxica, e acabará coas máscaras e as mentiras.