Mesa redonda «Cine, Educación e Cidadanía»
- Data
- Luns, 24 de marzo de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 24 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Cine, Educación e Cidadanía», que contará coa participación de Marcos Galleo Fernández, cineasta; Sofía Rama Lorenzo, profesora do IES Félix Muriel de Rianxo; e Felipe Guerra, cineasta e formador, membro da asociación portuguesa AO NORTE de Viana do Castelo; e estará coordinada por Xosé Armas, Profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da USC.