Conferencia «Educar en cidadanía: un compromiso co futuro» de José Antonio Caride
- Data
- Luns, 17 de marzo de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 17 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Educar en cidadanía: un compromiso co futuro», que estará impartida por José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía e Didáctica da USC.
José Antonio Caride Gómez, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola USC, con Premio Extraordinario de Doutoramento (1982-1983), é Catedrático de Pedagoxía Social (Área de Teoría e Historia da Educación) da USC dende abril de 2002, tendo sido anteriormente Profesor Titular (1986-2002), Profesor Interino (1983-1986), Colaborador (1983) e Axundante (1979-1983). Profesor en máis de 30 universidades españolas e doutros países (Arxentina, Brasil, Cabo Verde, Chile, Francia, México, Portugal, Uruguai e Suíza), é tamén Director e IP do Grupo de Investigación en “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPA-interea, GI-1447 da USC), e da Rede de Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), ambos de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego, tendo sido IP, entre 2016-2020 da Rede "Xuventude e Inclusión Social". De 2016 a 2018 foi Comisionado da USC para o Campus da Cidadanía en Ciencias Sociais, Artes e Humanidades (cargo homologado a Decano) e foi Director do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social nos períodos 1991-1997 e 2013-2016. Colabora en consellos científicos de revistas e en Axencias e Comités de Avaliación nacionais e internacionais (ANEP, ANECA, ACSUG, AGAUR, AQU, DEVA-AAC, ACSUCYL, UNIBASQ, ACPUA, ADISPOR e A3ES-Portugal, CNA-Chile, ANVUR-Italia, ColCiencias de Colombia, etc.), nalgúns casos como Presidente en Comisións de Avaliación, Acreditación, Verificación, Docentia, etc. Dende 2018 ata 2023 foi coordinador da área de Ciencias da Educación (EDU) da Axencia Estatal de Investigación (AEI) e dende xaneiro de 2021 é Vogal científico-investigador do pleno da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CNEAI-ANECA). Ademais, entre outros, asumiu os cargos de vicedecano, subdirector do Instituto de Ciencias da Educación, Presidente de Comisións do Claustro Universitario, etc. Entre 2002 e 2013 presidiu a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), da que é membro fundador. Conta con Premios como a Orde do Mérito do Consello Mundial de Educación/World Council For Currículum and Instruction (2004); o IX Premio José Manuel Esteve da Universidade de Málaga (2019), ao mellor artigo científico publicado en castelán en Ciencias da Educación; a Insignia Fonseca da USC (2018); e o Sarmiento de Honra (2019) da Facultade de Ciencias da Educación á súa traxectoria docente e investigadora. Autor de máis de 450 publicacións en libros e revistas, en diferentes países e idiomas, as súas liñas de investigación céntranse en tempos educativos e sociais, Pedagoxía do Lecer-Educación, políticas educativas e dereitos humanos, educación e cidadanía, educación social e desenvolvemento comunitario, formación e profesionalización en Educación Social e Educación ambiental, desenvolvemento humano e cultura da sustentabilidade. É membro de comités científicos e organizadores, así como conferenciante ou conferenciante convidado en máis de 500 congresos, encontros científicos, simposios, seminarios, etc. de ámbito nacional e internacional, celebrados en varios países, publicados en actas ou outros sistemas de difusión e transferencia de coñecemento.