Proxección da película «O mestre que prometeu o mar» de Patricia Font
- Data
- Mércores, 26 de marzo de 2025
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O mércores, 26 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «O mestre que prometeu o mar» (El mestre que va prometre el mar) de Patricia Font. Esta proxección, comprendida dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Maricarmen Sánchez, Catedrática de instituto .
O mestre que prometeu o mar (El mestre que va prometre el mar)
Directora: Patricia Font
España, 2023
Ariadna descubre que o seu avó busca dende hai tempo os restos do seu pai, desaparecido na Guerra Civil. Decidida a axudalo, viaxa a Burgos, onde están exhumando unha fosa común na que podería estar enterrado. Durante a súa estadía alí, coñecerá a historia de Antoni Benaiges, un mestre de Tarragona que antes da guerra foi profesor do seu avó e que, mediante un innovador método pedagóxico, inspirou aos seus alumnos e lles fixo a promesa de levalos a ver o mar.
María del Carmen Sánchez Carrera estudou Filosofía e Letras na Universidade Complutense, téndose doutorado na Universidade de Santiago de Compostela, e ten un Máster en Medio Ambiente . Estivo en comisión de servizo poñendo en marcha un centro de profesores en Madrid e foi profesora no centro de profesores da Universidade Autónoma de Madrid, encargándose da didáctica da historia e historia da arte. Nos anos 80 participou no Ministerio de Educación na proposta da reforma educativa.