Proxección da película «Adeus, rapaces» de Louis Malle

Data
Mércores, 19 de marzo de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O mércores, 19 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Adeus, rapaces» (Au revoir les enfants) de Louis Malle. Esta proxección, comprendida dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

Adeus, rapaces (Au revoir les enfants)
Director: Louis Malle
Francia, 1987
No inverno de 1943, durante a ocupación alemá de Francia, nun internado católico para rapaces, Julián, un mozo de trece anos, queda impresionado pola personalidade de Bonnet, un novo compañeiro que ingresa no colexio despois de iniciado o curso.

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade, Director do Boletín da Biblioteca de Menéndez Pelayo, Académico correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Sociedade de Literatura Española do século XIX (SLESXIX).

Próximos eventos Ver axenda