Proxección da película «Unha razón brillante» de Yvan Attal

Data
Martes, 18 de marzo de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O martes, 18 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Unha razón brillante» (Le brio) de Yvan Attal. Esta proxección, comprendida dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Luis Trillo, Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Carlos III de Madrid.

Unha razón brillante (Le brio)
Director: Yvan Attal
Francia, 2017
Neïla Salah é unha moza do extrarradio parisiense que soña con ser avogada. Tras matricularse na facultade de Dereito máis importante de París, o primeiro día de clase ten un enfrontamento con Pierre Mazard, un profesor algo conflitivo. Para redimirse, o profesor proponlle axudala a preparar unha importante proba a nivel nacional. Aínda que cínico e esixente, Pierre é a axuda ideal que Neïla necesita pero para iso terán que empezar os dous por superar algúns prexuízos.

Próximos eventos Ver axenda