Proxección da película «Esta terra é miña» de Jean Renoir

Data
Mércores, 12 de marzo de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O mércores, 12 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Esta terra é miña» (This Land is Mine) de Jean Renoir. Esta proxección, comprendida dentro da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na  Consellería de Educación.

Esta terra é miña (This Land is Mine)
Director: Jean Renoir
Estados Unidos, 1943
Albert Lory, un profesor de escola nun país ocupado polo exército nazi durante a II Guerra Mundial, síntese frustrado pola súa falta de coraxe, o que é motivo de burla dos seus propios alumnos. Cando una serie de acontecementos provocan que sexa detido polos soldados alemáns, terá que demostrar unha sorprendente valentía fronte ao inimigo invasor.

Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda