Conferencia «Alzhéimer: é hora do cambio?» de José María Prieto
- Data
- Luns, 17 de febreiro de 2025
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala

O luns, 17 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Alzhéimer: é hora do cambio?», que estará impartida polo Doutor José María Prieto, Xefe do servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
José María Prieto González, licenciado e graduado en Medicina e Cirurxía pola Universidad de Santiago en 1983 e doutor en Medicina pola mesma universidade en 1993, especializouse en Neuroloxía con formación como Médico Interno Residente no Hospital Clínico Universitario de Santiago, tendo realizado unha estadía no Institute of Neurology do National Hospital For Neurology and Neurosurgery de Queen Square, Londres. Foi secretario da Comisión de Docencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago, titor clínico de residentes de Neuroloxía e secretario do Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas de Galicia. Director do CSUR de Esclerose Múltiple do CHUS, dende 2021 ocupa o cargo de Presidente do Consello Médico Asesor de Esclerose Múltiple España. Tamén é Presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía e da Fundación Neurolóxica Compostelana, así como membro de diferentes comités e de consellos editoriais de revistas desta especialidade. Participa en varios proxectos de investigación e ensaios clínicos, sendo investigador líder do grupo «Investigación Traslacional en Enfermedades Neurolóxicas (ITEN)» no IDIS. Autor de múltiples comunicacións e publicacións en congresos, libros e revistas de neuroloxía, foi profesor de cursos de doutorado da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e outras universidades e dende setembro de 1996 exerce como profesor asociado de Ciencias da Saúde da Facultade de Medicina de Santiago.