Proxección da película «O home e o can» de Ángel de la Cruz

Data
Martes, 18 de febreiro de 2025
Horario
19.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CICLO «CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI»

Compartir

O martes, 18 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela, a proxección da película «O home e o can». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada polo seu protagonista, Manuel Manquiña.

O home e o can
Director: Ángel de la Cruz
2022, 109 minutos
Manuel, un sexaxenario coas capacidades intelectuais mermadas ao nacer e que adoita falar cos mortos da súa parroquia, vive co seu inseparable can nunha esquecida aldea galega da que non lembra terse ausentado nunca. Falecida a última muller da aldea, convértese no último habitante e tal vez tamén el chegase a morrer alí sen saír nunca da aldea se non fora porque o seu can sofre un accidente e decide buscar axuda para intentar salvalo viaxando ao descoñecido mundo da cidade. No medio do caos atoparase con Paula, quen fuxe dun fogar desestruturado na busca de liberdade. Dous personaxes aparentemente antagónicos converteranse, sen agardalo, en dous amigos, unidos pola soidade.

Manuel Manquiña, comeza no mundo da interpretación nos anos 80 en programas humorísticos da Televisión de Galicia e en varias películas dirixidas por directores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Saltou á fama polo seu papel na película de 1997 de Juanma Bajo Ulloa, Airbag, que lle valeu unha nominación ao Premio Goya ao mellor actor revelación, tendo aparecido posteriormente en Torrente, el brazo tonto de la ley. Con máis de 30 películas no seu currículo, participou nalgúns dos títulos máis destacados do cine español dos últimos anos, actividade que compaxinou coa interpretación e a dirección teatral (Héroes, Historias de Bolsillo, escritas por el mesmo) e a televisión (Moncloa ¿dígame?, Manolito Gafotas, Manolo y Benito Corporeision...). Tamén protagonizou monólogos de humor, participou e cantou en xiras de Siniestro Total e o Xabarín Club e interpreta o personaxe de Martínez el Facha na canle de YouTube da revista El Jueves

Próximos eventos Ver axenda