Proxección da película «Malencolía» de Alfonso Zarauza
- Data
- Martes, 4 de febreiro de 2025
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 4 de febreiro, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela, a proxección da película «Malencolía». Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «Cinema galego do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada polo seu director, Alfonso Zarauza.
Malencolía
Director: Alfonso Zarauza
2021, 75 minutos
Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, compran unha casa nunha aldea que consideran abandonada pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.
Alfonso Zarauza, guionista e director natural de Santiago de Compostela, realizou ambos labores en cinco curtametraxes feitas en Galicia e escribiu unha longametraxe coproducida entre Brasil e Cuba. Formado como Técnico Superior de Producións Audiovisuais, dende 2001 é director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films e traballa de analista de guións de longametraxes, tendo sido primeiro axudante de dirección no documental "Machín toda una vida" (2002). Como director, realizou tres longametraxes de ficción que obtiveron premios internacionais, un documental, seis curtametraxes, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais. Entre as longametraxes atópanse La noche que dejó de llover (2008), premiado no Festival de Viña del Mar (Chile), Los Ángeles Latino International Film Festival e nos Premios Mestre Mateo, onde tamén recibiron galardóns Encallados (2013) e Los fenómenos (2014), premiado no Brussels Film Festival e en Fortaleza, Brasil, entre outros. Ségueos o documental A viaxe dos Chévere (2014), Ons (2020) e Malencolía, que é a súa sexta longametraxe.