Seminario Europa «Galicia no Comité Europeo das Rexións: que podemos agardar para o ciclo institucional europeo 2024-2029?» con Mar Rodríguez Mediavilla
- Data
- Martes, 10 de decembro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 10 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Mar Rodríguez Mediavilla, Subdirectora Xeral de Relacións coa Unión Europea da Xunta de Galicia. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Galicia no Comité Europeo das Rexións: que podemos agardar para o ciclo institucional europeo 2024-2029?».
Mar Rodríguez Mediavilla, Máster en Estudos da Unión Europea na Universidade da Coruña, dende abril de 2023, é Subdirectora Xeral de Relacións coa Unión Europea, na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) da Xunta de Galicia. Conta cunha ampla traxectoria profesional en distintas organizacións públicas e participa na Asociación de Mulleres no Sector Público.