Conferencia «Xénero e Traballo. Os prexuízos de xénero na relación de traballo» de Dolores Fernández Galiño

Data
Luns, 16 de decembro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 16 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Xénero e Traballo. Os prexuízos de xénero na relación de traballo», que estará impartida por Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo.

María Dolores Fernández Galiño é Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986) e Diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade (1985-1986). En 1989 superou as oposicións de ingreso na carreira xudicial e tamén as oposicións de ingreso na carreira fiscal. Na carreira xudicial estivo destinada, de 1990 a 1992, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ponteareas. Ascendeu en 1992 á categoría de maxistrada, con destino de 1992 a 2001 no Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra. Dende 2001 estivo destinada na Sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña. Na Carreira Fiscal atópase, dende o seu ingreso, coa categoría de avogada-fiscal, en excedencia. Ten recoñecida a especialización de Dereito Civil de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda