Conferencia «O efecto dos parques eólicos no medio rural» de Pablo Ramil Rego
- Data
- Luns, 11 de novembro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 11 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «O efecto dos parques eólicos no medio rural», que estará impartida por Pablo Ramil Rego, Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural.
Pablo Ramil Rego, profesor de Botánica da Universidade de Santiago no Campus de Lugo, foi Vicerrector de Investigación en dito campus, desenvolvendo na actualidade o posto de Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). A súa investigación céntrase en dúas grandes liñas: Paleoecoloxía (dinámica do clima e da vexetación do Cuaternario, adopción e evolución da agricultura e o aproveitamento dos recursos vexetais, acción do home sobre a paisaxe) e Biodiversidade (análise territorial da biodiversidade, hábitats e especies, avaliación de perturbacións antrópicas nos ecosistemas, planificación e xestión de espazos naturais ). Nestas liñas dirixiu 9 teses doutorais, 6 delas designadas con premio extraordinario de doutorado, sendo investigador principal de máis de 50 proxectos e contratos de investigación de ámbito europeo, nacional ou autonómico. Autor de máis de 100 artigos en revistas científicas, xunto con numerosos libros, artigos de divulgación, documentos técnicos, etc., coordinou a redacción de distintos instrumentos de xestión, así como normativas, destacando o primeiro Inventario dos Humidais de Galicia, o Plan Director Red Natura 2000 de Galicia, o PRUG do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia ou a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde. É ademais membro de distintas organizacións oficiais relativas á conservación da Biodiversidade, como o Observatorio Galego da Biodiversidade, a Rede Galega de Reservas da Biosfera ou o Comité Español do Programa Hombre & Biosfera da UNESCO, desenvolvendo o posto de secretario do seu Consello Científico.