Proxección do documental «Universidad Comprometida» de Carlos Velo

Data
Martes, 5 de novembro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O martes, 5 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a proxección do documental «Universidad Comprometida» de Carlos Velo, que estará presentado pola cineasta Laura Gardós Velo, neta de Carlos Velo. No acto tamén intervirán os Directivos da Fundación Carlos Velo e do Ateneo de Santiago, Armando González e Xosé Ramón Pousa.

Universidad Comprometida
Director: Carlos Velo
México, 1970, 28 minutos

O documental rexistra o discurso do presidente Salvador Allende na Universidade de Guadalajara, onde ofrece unha lección maxistral de humanismo e socioloxía ilustrada con escenas dramáticas dos conflitos económicos e vitais do Terceiro Mundo.

Próximos eventos Ver axenda