Faladoiro «Alzhéimer: unha realidade próxima»

Data
Xoves, 31 de outubro de 2024
Horario
18.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ateneo Solidario
Compartir

O xoves, 31 de outubro, ás 18.00 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro, organizado polo grupo Ateneo Solidario en colaboración con Agadea, titulado «Alzhéimer: unha realidade próxima», que contará coa participación de Francisco Candela, Presidente do Ateneo de Santiago; Isabel Gey Pérez, Presidenta de Agadea; María Rivas López, Subdelegada do Goberno na Coruña; Taida Sánchez, Neuropsicóloga de Agadea; e Ramón Neira Torviso, coidador dunha persoa con Alzhéimer.

Durante o acto presentarase unha Guía de apoio ás persoas coidadoras, elaborada por Agadea coa colaboración do Ateneo de Santiago.

Próximos eventos Ver axenda