Roteiro arredor da figura de Francisco Asorey
- Data
- Xoves, 7 de novembro de 2024
- Horario
- 11.00h
O xoves, 7 de novembro, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará un roteiro arredor da figura de Francisco Asorey, que estará guiado por Mercedes Espiño. O percorrido sairá da Igrexa de San Francisco e percorrerá a Facultade de Medicina, o Pazo de Raxoi, o Pazo de San Xerome, o Colexio de Fonseca e a Facultade de Xeografía e Historia, rematando na Igrexa das Orfas.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 5 de novembro.