Conferencia «Construíndo Economía dende o Coñecemento» de Javier Sardina

Data
Luns, 21 de outubro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 21 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Construíndo Economía dende o Coñecemento», que estará impartida por Javier Sardina, Director do Consello Científico de Mestrelab e Catedrático de Química Orgánica.

Francisco Javier Sardina López, Catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Doutorouse na USC (1985) e realizou estudos postdoutorais na Universidade de California, Berkeley (1986-1988). A súa investigación básica encádrase nos campos de Síntese Orgánica e Química Orgánica Física e deron lugar a máis de 60 publicacións e 19 teses doutorais. A súa investigación aplicada diríxese ao desenvolvemento de software científico e á xeración e aplicación de coñecemento científico á resolución de problemas en industrias como a da moda, cosmética e alimentaria, dando lugar a 3 teses doutorais e colaboracións con empresas do Grupo Inditex, Zalando, Primark, Grupo TENDAM (Cortefiel), Pepe Jeans e Bimba y Lola, entre outras. Unha temperá exposición ao mundo da Resonancia Magnética durante a súa licenciatura (1978), introduciuno no mundo da informática científica e plantou a semente que o conduciu, anos máis tarde, ao mundo do emprendemento, fundando en 2004 Mestrelab Research, SL, unha empresa dedicada ao desenvolvemento de software científico. No ano 2004, a petición dun grupo multinacional do sector da moda, creou e coordinou un equipo de científicos de diversos campos (Química, Matemáticas, Física, Bioloxía e Psicoloxía) para desenvolver solucións innovadoras en áreas como a saúde de produto e sostebilidade de artigos de moda. Froito desta experiencia foi a creación de Sigillum Knowledge Solutions, SL (2018), empresa orientada ao mundo da sostebilidade en distintos sectores. Recentemente (2020), participou na creación de Celtarys Research, SL, unha start-up especializada no desenvolvemento de ferramentas químicas para aplicacións de diagnose e investigación nos sectores sanitario e farmacéutico.