Seminario Europa: «A construción da Europa xeopolítica nunha nova orde internacional» con Ruth Ferrero

Data
Xoves, 17 de outubro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O xoves, 17 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Ruth Ferrero, Profesora de Ciencia Política e Estudos Europeos na Universidade Complutense de Madrid. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «A construción da Europa xeopolítica nunha nova orde internacional».

Ruth Ferrero-Turrión é Profesora de Ciencia Política e Estudos Europeos na UCM e Investigadora Adscrita no Instituto Complutense de Estudos Internacionais na Universidade Complutense (ICEI-UCM), onde dirixe os Diplomas «Migracións e Relacións Internacionais», «As políticas de inmigración e asilo da UE» e «Novos Escenarios nos Balcáns». Forma parte do Grupo de Investigación Complutense GEMI de Migracións Internacionais e foi Premio Europeo de Investigación Carlos V 2019 pola Fundación Europea e Iberoamericana de Yuste e Non-Visegrad Fellow de V4 Think Tank Platform en 2018. Ademais das súas tarefas como profesora, desenvolve o seu traballo profesional como consultora con institucións e organizacións como FIIAP, European Training Foundation, Migration Policy Group, Migration Policy Institute, Instrategies e OIM, entre outros. Foi Research Fellow na Universidade de Columbia (NYC), en London School of Economics (LSE), Babes-Bolyai University (Romania), Hungarian Institute of International Relations e Open Society Foundation de Sofía e Senior Fellow do Institute of International Relations (IIR) de Praga. Tamén foi Profesora Visitante nas Universidades de Bochum (Alemaña), Coimbra (Portugal) e Varsovia (Polonia). Ten traballado en labores de asesoría política no marco da Administración Xeral do Estado, no Gabinete do Ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2004-2006) e no Gabinete do Presidente do Goberno (2006-2011). En ambos os dous postos realizou funcións relacionadas con políticas migratorias e políticas europeas sectoriais. Colabora como analista de política internacional e europea en El Periódico, así como con outros medios de comunicación, como Esglobal, www.ctxt.es, Política Exterior e La Noche en 24h, e en think tanks nacionais (Real Instituto Elcano, Fundación Alternativas) e internacionais (Migration Policy Institute, Institute of International Relations Prague).

Próximos eventos Ver axenda