Faladoiro «Ucraína: dous anos de guerra en Europa», con Maxim Strokin Kobylkin, Grigori Nedobora e Katarzyna Jablonska
- Data
- Martes, 11 de xuño de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 11 de xuño, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro, organizado polo grupo Ateneo Solidario en colaboración con Compostela Solidaria, titulado «Ucraína: dous anos de guerra en Europa», que contará coa participación de Maxim Strokin Kobylkin, Grigori Nedobora e Katarzyna Jablonska, voluntarios que acompañan aos refuxiados ucraínos en Santiago de Compostela.
Ao longo do Faladoiro farase unha reflexión sobre como a guerra nos afectou aos europeos. Para isto, os tres convidados, procedentes de Rusia, Ucraína e Polonia e actualmente afincados en Compostela, compartirán as súas perspectivas e vivencias co obxectivo de axudar a entender esta guerra en Europa.