Asemblea extraordinaria para a elección da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago

Data
Luns, 27 de maio de 2024
Horario
16.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Compartir

O luns, día 27 de maio, terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria de socias e socios do Ateneo de Santiago para a elección da Xunta Directiva, que se celebrará en primeira convocatoria ás 15.30 horas e en segunda convocatoria ás 16.30 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela.

Ordinariamente, a Asemblea reúnese en segunda convocatoria.

A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
          Punto único. Eleccións á Xunta Directiva do Ateneo de Santiago.
                    16.30h. Constitución da Mesa Electoral, conformada polos membros da Xunta electoral.
Os ateneístas poderán achegarse á Rúa do Vilar en calquera momento entre as 16.30h e as 19h para depositar o seu voto de forma presencial, acreditando a identidade a través do DNI ou documento equivalente. As papeletas recolleranse na propia Sala.
                    19.00h. Peche da urna e escrutinio.
                    Nomeamento e toma de posesión da nova Xunta Directiva.

Próximos eventos Ver axenda