Conferencia «Urbano Lugrís en Santiago: mito e realidade» de Rubén Ventureira

Data
Luns, 17 de xuño de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 17 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, o peche do curso 2023-2024 cunha conferencia titulada «Urbano Lugrís en Santiago: mito e realidade», que estará impartida por Rubén Ventureira, escritor e xornalista.

Rubén Ventureira Novo, Máster en Xornalismo, xestor cultural e comisario de exposicións, foi Coordinador do evento «A Coruña. 120 anos despois» (2015), dedicado á etapa coruñesa de Picasso e que constou de seis exposicións, entre elas El primer Picasso. A Coruña 1891-1895 (Museo Belas Artes da Coruña, 2015), mostra da que foi membro do comité técnico e codirector do catálogo. Nos últimos anos ten comisariado, entre outras, as exposicións Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro (Museo de Belas Artes da Coruña, 2023), Valor e mestría. Galicia como fútbol (Museo Centro Gaiás, 2019), Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (Kiosco Alfonso, 2017) e Urbano Lugrís. Paredes soñadas (Afundación, A Coruña, 2017). En xaneiro de 2024, publicou na revista Luzes o artigo «Así era a «Capela Sixtina» de Lugrís», un dos máis importantes sobre a intervención de Urbano Lugrís no Sanatorio Álvarez de Santiago. Actualmente é Director da Colección Noroeste (Ensaios de Xornalismo e Comunicación), promovida pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez e a Asociación da Prensa da Coruña, e dende maio de 2024 Director de El Ideal Gallego. Recibiu, entre outras distincións, o Premio Pérez Lugín de xornalismo (2008) e a Medalla de Ouro da Batalla da Coruña (2024), é membro fundador da Asociación Isabel Zendal e da Asociación Musical Nonito Pereira, ademais de patrón da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, e foi vogal da Asociación da Prensa da Coruña, para a que creou o premio de debuxo e redacción Picasso coruñés. 

Próximos eventos Ver axenda