Presentación do libro «O legado da nena do sal» de Elena Gallego Abad

Data
Mércores, 29 de maio de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 29 de maio, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «O legado da nena do sal» de Elena Gallego Abad. A autora estará acompañada por Emilio Grandío, Historiador, e Francisco Candela, representante do Ateneo de Santiago.

O legado da nena do sal conta a historia vivida por Carmiña de Colosía, nai da autora, cando nos anos trinta quedou orfa e foi recollida por unha familia de Viveiro. «O relato dunha orfa á que lle tocou loitar pola supervivencia, un pequeno gran drama que aconteceu nos tempos duros dunha España acabada de saír dunha guerra civil. Naquel tempo moitas familias perderon todo o que tiñan, algúns incluso a vida, mentres outras facían moitos cartos. Para medraren, algúns deses novos ricos sen escrúpulos nin cultura non dubidaron en aproveitarse de persoas inocentes e desvalidas coma min».

Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil «Dragal», formada por cinco libros. Autora da novela policial «Sete Caveiras» (2014) e da romántica «O Xogo de Babel», obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra «A promesa» (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa «Imos Contar Mentiras», «Pontevedra Ficción» e «Proxecto Legado» (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023). Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra. 

Próximos eventos Ver axenda