Conferencia «O iberismo, onte e hoxe» de Ramón Villares
- Data
- Luns, 22 de abril de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 22 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia teñen programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis, titulada «O iberismo, onte e hoxe», que estará impartida por Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea e profesor emérito da USC.
Ramón Villares Paz é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e foi Presidente do Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. Foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002). Tamén foi Director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Pertence a varios padroados de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luís Seoane ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros.