Conferencia «Os novos retos europeos» de Ignacio Molina

Data
Luns, 15 de abril de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Sociedade Civil
Compartir

O luns, 15 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Sociedade Civil, titulada «Os novos retos europeos», que estará impartida por Ignacio Molina, Investigador principal do Real Instituto Elcano.

Ignacio Molina A. de Cienfuegos é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor no Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid. É Doutor en Ciencia Política por esa universidade, Máster en Ciencias Sociais (Instituto Juan March, Madrid), Máster en Dereito da Unión Europea e Licenciado, tanto en Dereito como en Ciencias Políticas e Socioloxía (Universidade de Granada). Foi investigador visitante en varias universidades como Trinity College Dublín, Harvard (como bolseiro Fulbright) e Oxford. Impartiu seminarios e clases de posgrao en máis de 30 centros académicos e institutos de análise e participou nunha vintena de proxectos de investigación nacionais e internacionais. Colaborou como experto ou consultor para, entre outros, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea, o Goberno dos Países Baixos, o Consello de Estado, o Ministerio de Asuntos Exteriores, o INAP, a Generalitat de Catalunya ou a Fundación Bertelsmann. As súas áreas prioritarias de investigación son o estudo da política exterior e europea de España, o futuro da UE, a europeización do sistema político español, a análise da capacidade institucional do Estado e a calidade do goberno en España. As súas investigacións máis recentes refírense ás narrativas nacionais sobre o proceso de integración, a formación e influencia da posición española no proceso político da UE, a reforma estratéxica da acción exterior de España, o Brexit, o independentismo catalán en perspectiva comparada ou a mellora da gobernanza organizativa nas democracias avanzadas.