Proxección da película «A gran beleza» de Paolo Sorrentino
- Data
- Martes, 28 de maio de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 28 de maio, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «A gran beleza» (La grande bellezza). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine italiano do século XXI» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por Rosa M. Rodríguez Porto,Profesora de Historia da Arte da USC.
A gran beleza (La grande bellezza)
Director: Paolo Sorrentino
Italia, 2013
Gañadora do Oscar á mellor película estranxeira, así como do Globo de Ouro e o Premio BAFTA á mellor película de fala non inglesa, entre outros recoñecementos, actualiza o argumento de La dolce vita de Fellini, situándoo na época de Silvio Berlusconi. En Roma, durante o verán, nobles decadentes, arribistas, políticos, criminais, xornalistas, actores, prelados, artistas e intelectuais tecen unha trama de relacións inconsistentes que se desenvolven en fastuosos palacios e vilas. O centro de todas as reunións é Jep Gambardella (Toni Servillo), un escritor de 65 anos, que escribiu un único libro, e practica o xornalismo. Dominado pola apatía e o fastío, asiste a este desfile de personaxes poderosas pero insustanciais, ocas e deprimentes.