Visita guiada á exposición «Lamazares. Inda é día» no Centro Galego de Arte Contemporánea
- Data
- Venres, 19 de abril de 2024
- Horario
- 12.30h
- Lugar
- Centro Galego de Arte Contemporánea
- Máis información
O venres, 19 de abril, ás 12.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «Lamazares. Inda é día», situada no Centro Galego de Arte Contemporánea.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o domingo, 14 de abril.
Acceder á obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) co designio de albiscar cincuenta anos de dedicación, investigación, estudo e desenvolvemento dun traballo é un momento moi especial, porque nos permite achegarnos á obra dunha das figuras máis senlleiras no contexto artístico de Galicia, de España, e en constante relación co mundo. A súa ávida curiosidade fixo que diferentes xeografías lle servisen para aliñar intencións e propósitos que axudaron a conformar a súa obra.