Proxección da película «A praia dos galgos» de Mario Camus

Data
Martes, 23 de abril de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

PROGRAMA CINECLUB ATENEO 2024

Compartir

O martes, 23 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «A praia dos galgos» (La playa de los galgos). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine social e político de Mario Camus» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.

A praia dos galgos (La playa de los galgos)
Director: Mario Camus
España, 2002
Mentres busca ao seu irmán desaparecido, Martín Alcorta coñece a unha misteriosa muller que decide seguilo e comezar unha nova vida con el. Ao principio Martín móstrase un tanto reticente respecto ás intencións da rapaza pero co paso do tempo confiará nela, aínda que non deixará de buscar ao seu irmán.

José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade e Académico correspondente da Real Academia Galega.

Próximos eventos Ver axenda