Proxección da película «Sombras nunha batalla» de Mario Camus
- Data
- Martes, 9 de abril de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 9 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a proxección da película «Sombras nunha batalla» (Sombras en una batalla). Esta proxección, comprendida dentro do Ciclo «O cine social e político de Mario Camus» do Cineclub Ateneo, estará presentada e comentada por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC.
Sombras nunha batalla (Sombras en una batalla)
Director: Mario Camus
España, 1993
Mario Camus conta a historia dunha muller, veterinaria, viúva, con unha filla de doce anos, recluída nunha poboación perdida da provincia de Zamora preto da fronteira portuguesa, onde se refuxia para esquecer o seu pasado e a quen lle axuda outro compañeiro de profesión. O coñecemento dun home portugués virá a remover o seu pasado e abrir novas feridas.
José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela, é conferenciante e Profesor invitado en Universidades españolas e estranxeiras. Ten publicado ou editado varias monografías, edicións críticas e anotadas, volumes colectivos, etc. sobre autores españoles dos séculos XVIII, XIX e XX. Entre 1994 e 2016 dirixiu na USC un grupo de investigación encol Emilia Pardo Bazán. É membro dos consellos editoriais e comités científicos de revistas e editoriais da súa especialidade e Académico correspondente da Real Academia Galega.