Asemblea ordinaria de socias e socios do Ateneo de Santiago 2024

Data
Martes, 2 de abril de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Segundo acordo da Xunta Directiva, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias do Ateneo de Santiago para o martes, día 2 de Abril do presente ano, en primeira convocatoria ás 18.30 horas e en segunda convocatoria ás 19.30 horas no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º).

A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:

  1. Informe do Presidente.
  2. Aprobación, no seu caso, do Balance e Conta de Resultados do exercicio 2023.
  3. Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva. Aprobación da normativa electoral e nomeamento da Xunta Electoral.
  4. Nomeamento de interventores para o ano 2024.
  5. Lectura e aprobación das Actas das Asembleas anteriores.
  6. Rogos e preguntas.

Ordinariamente, as Asembleas reúnense en segunda convocatoria.

Próximos eventos Ver axenda