Seminario Europa: «Achegas de Galicia á Política Pesqueira Común» con Antonio Basanta

Data
Mércores, 20 de marzo de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 20 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Antonio Basanta, Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «Achegas de Galicia á Política Pesqueira Común».

Antonio Basanta Fernández, é Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na especialidade de Administración Pública, Máster en Economía Pesqueira da USC, especialista en procesado e estudo de datos e ten experiencia como mariñeiro de ponte da Mariña Mercante. Ademais, foi asesor da Consellería de Medio Ambiente entre 2004 e 2005, xefe de relacións institucionais e internacionais da Consellería do Mar entre os anos 2009 e 2012, xefe de gabinete da Consellería do Medio Rural e do Mar dende 2012 ata 2015 e da Consellería do Mar entre 2015 e maio de 2022. Tamén foi mariñeiro de pesca e embarcacións de servizos portuarios, docente en diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión Europea. 

Próximos eventos Ver axenda