Presentación do libro «Bailando con moscas» de Antonio Fontdevila

Data
Mércores, 24 de abril de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 24 de abril, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do libro «Bailando con moscas» de Antonio Fontdevila. O autor estará acompañado por Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, e Xerardo Estévez, ex-Alcalde de Santiago de Compostela.

Bailando con moscas busca transmitir ao lector as vivencias científicas do autor, a súa aproximación á xenética evolutiva e os aspectos ecosociais cos que se atopou nas súas expedicións, compartindo tamén as súas ideas sobre como se fai ciencia en contornos socioculturais diversos. A comprensión do valor da ciencia básica para o desenvolvemento aínda non está arraigada no noso país, nin moito menos o papel clave que organismos modelo, mal considerados insignificantes, como as moscas Drosophila, xogan nas grandes descubertas científicas. Este libro trata de rebatir esta idea xeralizada e resalta a importancia que o pensamento evolutivo, froito da revolución impulsada por Charles Darwin, ten para entender a vida neste planeta. 

Antonio Fontvila, Catedrático emérito na Universidade Autónoma de Barcelona, é investigador principal en máis de vinte proxectos financiados por axencias nacionais e internacionais e director de dezaoito teses doutorais, ademais de autor de doce capítulos de libros e numerosas publicacións científicas, a maioría en revistas de alto impacto como Nature, Genetics ou Molecular Biology, así como editor dunha obra e autor de catro libros, entre eles The Dynamic Genome: A Darwinian Approach (Oxford University Press, 2011), que foi adoptado como libro de referencia en diversos másteres de bioloxía e xenética en universidades nacionais e estranxeiras. Foi nomeado membro do consello da Society for the Study of Evolution (EEUU, 1986) e elixido Vicepresidente da Sociedade Española de Xenética (1985-1989), ademais de ser membro fundador e socio honorario da Sociedade Española de Bioloxía Evolutiva.

Próximos eventos Ver axenda