Mesa redonda «Ser profesor/a no século XXI» con Xesús Fernández Sulleiro, Antía Cores Torres e Juan Antonio Castro Maril

Data
Luns, 18 de marzo de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

III MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O luns, 18 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Ser profesor/a no século XXI», que contará coa participación de Xesús Fernández Sulleiro, Profesor de Filosofía de secundaria e Director de instituto; Antía Cores Torres, Mestra de Educación Musical de primaria e membro de Nova Escola Galega; e Juan Antonio Castro Maril, Profesor de Xeografía e Historia de Secundaria, e estará coordinada por Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC.

Próximos eventos Ver axenda