Conferencia «Professores: libertar o futuro» de António Nóvoa
- Data
- Luns, 11 de marzo de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 11 de marzo, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Professores: libertar o futuro», que estará impartida por António Nóvoa, Reitor Honorario da Universidade de Lisboa.
António Manuel Seixas Sampaio da Nóvoa, Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Xenebra e Doutor en Historia Moderna e Contemporánea pola Sorbona de París, é especialista en Historia da Educación, Educación Comparada e Formación do profesorado. Actuou como profesor convidado nas Universidades de Xenebra, París V, Wisconsin, Oxford, Columbia e Brasilia. Na actualidade é Catedrático no Instituto de Educación da Universidade de Lisboa, da que foi Reitor de 2006 a 2013, sendo agora Reitor Honorario. Asesor para temas de Educación do Presidente Jorge Sampaio, durante os últimos anos foi representante de Portugal na Unesco. Na actualidade, é Membro do Consello de Estado da República e é autor de máis de 150 publicacións entre libros e monografías.