Debate sobre «Los alemanes» de Sergio del Molino

Data
Martes, 4 de xuño de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Sala de Actividades do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 4 de xuño, ás 17.30h na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Los alemanes de Sergio del Molino.

Los alemanes está ambientado en 1916, durante a Primeira Guerra Mundial. Máis de seiscentos alemáns chegan a Cádiz dende Camerún, buscando refuxio en España como país neutral. Moitos establécense en Zaragoza, formando unha comunidade que nunca regresará a Alemaña, entre os que se atopa o bisavó de Eva e Fede, quen, cen anos despois, asistindo ao enterro do seu irmán no cemiterio alemán de Zaragoza, descubren que son os últimos supervivintes dos Schuster, unha familia que chegou a formar un importante negocio de alimentación. Esta novela explora o episodio pouco coñecido da historia de España, no cal os nazis refuxiados no país activaron o neonazismo en Alemaña, cuestionando a responsabilidade familiar e a redención das culpas parentais nas xeracións futuras.

Sergio del Molino (Madrid, 1979) é coñecido polos seus ensaios narrativos sobre a despoboación e a identidade nacional, entre os que destacan «La España vacía» (2016), co que obtivo o premio ao mellor ensaio do Gremio de Libreiros e o Premio Cálamo, e «Contra la España vacía» (2021). Anteriormente xa obtivera os premios Ojo Crítico e Tigre Juan por «La hora violeta» (2013) e o Premio Espasa por «Lugares fuera de sitio» (2018), sendo a súa obra traducida a varios idiomas e tendo sido publicadas en máis de quince países. Tamén é columnista en El País e colaborador en Onda Cero Radio, entre outros medios.