Seminario Europa: «A cohesión territorial europea: mitos e realidades» con Serafín Pazos Vidal
- Data
- Xoves, 29 de febreiro de 2024
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O xoves, 29 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Serafín Pazos Vidal, Doutor en Unión Europea, dentro do Seminario Europa. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, centrarase no tema «A cohesión territorial europea:mitos e realidades».
Serafín Pazos Vidal é Doutor en Unión Europea e antes licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Actualmente traballa como Experto Senior en Desenvolvemento Territorial na Asociación Europea para a Innovación no Desenvolvemento Local (AEIDL), onde é responsable de 10 proxectos de investigación Horizonte Europa. Membro da Comisión Institucional e de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, é tamén coordinador da Liña de investigación na Unión Europea do IGADI. Foi Membro do Comité de Expertos de Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións, Coordinador do Grupo de Expertos de Cohesión do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) (2008-2018) e secretario dos membros escoceses do Comité das Rexións (2007-2020) e do Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa. Relator técnico de varios Ditames do Comité das Rexións, Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Parlamento Europeo, Parlamento Escocés e Parlamento Británico, anteriormente traballou na Fundación Galicia Europa en Bruxelas e na Secretaría Xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, entre outros. Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País, é autor de publicacións académicas sobre procesos de descentralización comparada, a gobernanza multinivel na UE, política rexional europea e axendas urbanas; entre elas, o libro Subsidiarity and EU Multilevel Governance Actors Networks and Agendas (Routledge, 2019).