Proxección da película «O profesor (Detachment)» de Tony Kaye
- Data
- Martes, 12 de marzo de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala

O martes, 12 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «O profesor (Detachment)» de Tony Kaye. Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Fernando Redondo, Profesor de Comunicación audiovisual da USC.
O profesor (Detachment)
Director: Tony Kaye
Estados Unidos, 2011
A un instituto cheo de alumnos problemáticos e cuns resultados académicos moi baixos, chega Henry Bathes, un profesor substituto que posúe un auténtico don para conectar cos alumnos. Ao traballar só en substitucións, nunca permanece bastante tempo nun instituto como para manter unha relación afectiva cos seus alumnos e compañeiros. Cando chega a un instituto onde unha frustrada administración conseguiu volver totalmente apáticos aos alumnos, Henry non tarda en converterse nun exemplo a seguir para os adolescentes, logrando unha conexión emocional cos alumnos, cos outros mestres e cunha adolescente prostituta á que recolle na rúa.
Fernando Redondo Neira, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é Profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), é coautor de Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura y sociedad e Coordinador-editor do volume Cidadanía e documental. Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo, forma parte da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC), do Centro de Estudos Fílmicos da USC e da Asociación Galega de Investigadores/as da Comunicación.