Proxección da película «A profesora de parvulario» de Sara Colangelo
- Data
- Xoves, 7 de marzo de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O xoves, 7 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «A profesora de parvulario» (The Kindergarten Teacher) de Sara Colangelo. Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Inés Iglesias Saco, Ex-Directora de educación infantil.
A profesora de parvulario (The Kindergarten Teacher)
Directora: Sara Colangelo
Estados Unidos, 2018
Lisa Spinelli traballa como profesora de párvulos nunha escola de Staten Island, un dos distritos metropolitanos de Nova Iork. A súa vida pasa entre a rutina e o tedio ata que un día se dá conta de que un dos seus pequenos alumnos, Jimmy Roy, resulta ser un prodixio na poesía. A partir dese momento, Lisa non se separará de Jimmy, animándoo e asegurándose de que o neno aproveita o seu talento. Pero chega un momento no que o seu empeño se tornará en obsesión e os seus métodos serán do máis discutible.
Inés Iglesias Saco, Mestra en Educación Infantil, participou durante varios anos da Escola de verán de Rosa Sensat na Universidade Autónoma de Barcelona. Foi Mestra e Directora na Escola infantil Breogán da USC e formadora de moitas xeracións de estudantes de Maxisterio, Ciencias da Educación e Puericultura.