Proxección da película «Lunana, un yak na aula» de Pawo Choyning Dorji

Data
Venres, 15 de marzo de 2024
Horario
19.00h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

III MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O venres, 15 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Lunana, un yak na aula» (Lunana, A Yak in the Classroom) de Pawo Choyning Dorji . Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Felipe Guerra, membro da Associação AO NORTE (Portugal).

Lunana, un yak na aula (Lunana, A Yak in the Classroom)
Director: Pawo Choyning Dorji
Bután, 2019
Esta película narra a historia de Ugyen, un mestre novo en Bután que evade as súas responsabilidades mentres planea ir a Australia para perseguir o seu soño de converterse en cantante. Como consecuencia, os seus superiores castígano enviándoo á escola máis afastada, ubicada nunha aldea glacial do Himalaia chamada Lunana. Despois dunha esgotadora viaxe, Ugyen chega a Lunana, onde se enfronta a condicións de vida sen electricidade nin calefacción e a unha escola sen fiestras nin pizarra. A pesar da pobreza, os habitantes da aldea danlle unha cálida benvida ao seu novo mestre. Con todo, Ugyen vese confrontado coa abrumadora tarefa de ensinar aos nenos sen contar con ningún material educativo. Inicialmente desesperado por abandoar e regresar, gradualmente vese cautivado pola sinxeleza, bondade e entusiasmo por aprender dos pequenos e as súas familias.

Felipe Guerra, con máis de 16 anos de experiencia laboral nun xornal local e máis de 15 anos como investigador cinematográfico, desenvolveu o rol de xornalista dende diversas perspectivas. A súa máis recente ocupación foi como programador nunha sala de cine independente especializada en películas de arte e ensaio. Neste ámbito seleccionaba coidadosamente películas e deseñaba ciclos temáticos para completar a programación mensual, ademais de actuar como mediador en debates mensuais con cineastas de diversas partes do mundo. Durante os tempos de pandemia estivo traballando como creador de contidos independente e, na actualidade, contribúe con artigos para a axencia PureLinq e o sitio web Book Maverick. Ademais do seu traballo oficial, tamén é un cineasta independente, tendo dirixido varias curtametraxes e longametraxes de baixo presuposto, as cales foron proxectadas en festivais de cine a nivel mundial.

Próximos eventos Ver axenda