Roteiro «As mulleres empresarias nas curtidorías de Santiago»

O sábado, 13 de abril, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará o roteiro «As mulleres empresarias nas curtidorías de Santiago», que estará guiado pola historiadora Encarna Otero. O percorrido, de dúas horas de duración, sairá da rotonda do Avío-Romaño en Vista Alegre e visitará varias curtidorías, rematando nunha curtidoría rehabilitada.