Proxección da película «Blue Jean» de Georgia Oakley
- Data
- Mércores, 13 de marzo de 2024
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 13 de marzo, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Blue Jean» de Georgia Oakley . Esta proxección, comprendida dentro da III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Carmen Fernández Morante, Profesora de Didáctica e Organización Escolar na USC.
Blue Jean
Directora: Georgia Oakley
Reino Unido, 2022
A ópera prima indie da directora Georgia Oakley segue a Jean, unha profesora de "netball", deporte similar ao baloncesto. A trama desenterra a polémica Sección 28, utilizada polo goberno de Margaret Thatcher en 1988 para reprimir á comunidade queer, abordando a homofobia interiorizada e as mensaxes previas á era dixital. Jean, ocultando a súa identidade nun entorno hostil, enfronta un dilema cando a historia dunha adolescente lesbiana da súa escola se entrelaza coa súa, obrigándoa a elixir entre ser unha referente ou manterse no anonimato.
Carmen Fernández Morante, Profesora Titular do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, é Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola mesma universidade dende 1995 e doutora en Ciencias da Educación. En 2002 foi Vicerreitora de Titulacións e xefa da sección de Tecnoloxía Educativa do Instituto de Ciencias da Educación da USC. Pertence á Asociación Internacional para o Desenvolvemento da Tecnoloxía Educativa e das Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación (Edutec) e ao Observatorio Galego de e-learning. Forma parte do grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa da USC e ten participado en numerosas publicacións e proxectos de investigación autonómicos e nacionais.