Visita guiada á exposición «Santiago proxectado, arquitecturas non construídas» na Casa do Cabido

Data
Martes, 30 de xaneiro de 2024
Horario
18.00h
Lugar
Casa do Cabido
Máis información

Máis información

Ateneo Viaxeiro
Compartir

Os martes, 23 e 30 de xaneiro, ás 18.00h o Ateneo de Santiago realizará unhas visitas gratuítas á exposición «Santiago proxectado, arquitecturas non construídas», situada na Casa do Cabido, que estarán guiadas polo seu Comisario, o historiador e xornalista Fernando Franjo. 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o luns, 15 de xaneiro.

Esta mostra pioneira reúne por primeira vez en Compostela e en Galicia un total de catorce proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade, que puideron supoñer unha enorme mudanza na configuración urbanística compostelá, mais que por diversas circunstancias non chegaron ao seu fin e permanecen no descoñecemento ou no esquecemento, algúns deles redactados por grandes mestres da arquitectura do talle de Rafael Moneo, Álvaro Siza, Norman Foster, Antonio Palacios ou Alejandro de la Sota, entre outros. A exposición conta con máis de trinta paneis informativos, medio centenar de planos, recreacións en 3D, ortofotos, reproducións axonométricas e pezas orixinais, como o plano da Praza de Santa Susana (1782) ou maquetas non executadas da Cidade da Cultura, ademais de cinco pezas audiovisuais, entre as que destaca unha recreación hipotética da cabeceira gótica que comezou a construírse en 1258 na Catedral de Santiago e foi paralizada de maneira inmediata ou un documental inédito do Edificio Castromil gravado pouco antes da súa derruba en 1975 que inclúe as derradeiras imaxes do interior do edificio e o proxecto realizado para a súa rehabilitación que foi finalmente desbotado.

Próximos eventos Ver axenda