Conferencia «A pesca tamén loita contra o cambio climático» de Gumersindo Feijoo

Data
Luns, 22 de xaneiro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns, 22 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «A pesca tamén loita contra o cambio climático», que estará impartida por Gumersindo Feijoo, Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación e coordinador do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental no Centro Singular CRETUS da USC.

Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería Química dende 2008, actualmente é Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación na USC. Desenvolve a súa actividade de investigación no Centro Singular CRETUS, no marco do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (que actualmente coordina) na Escola Técnica Superior de Enxeñería sobre os ámbitos da aplicación da análise de ciclo de vida a produtos e procesos, o ecodeseño e ecoetiquetas, a economía circular e a biodegradación de contaminantes presentes en augas residuais e solos por fungos ligninolíticos e as súas enzimas oxidativas. O seu perfil avala diversas capacidades tecnolóxicas no tratamento de augas residuais e procesos de economía circular, así como de avaliación de impacto ambiental. Ten colaborado como Panel de Avaliación en numerosas convocatorias de proxectos na Axencia Estatal de Investigación e formou parte do SAB do Centro IMDEA – Energía de la Comunidad Autónoma de Madrid. Presenta unha ampla actividade divulgadora que se materializou na publicación de máis de 14 artigos que foron reproducidos en medios como BBC, Cadena Ser, Clarín (Argentina), Grupo 24h, El País, La Nación (Argentina), National Geographic e RTVE. En 2018 recibiu unha Mención Especial ao Premio á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias pola implementación da marca “Pescaenverde” e en 2019 o Premio “Madre Tierra” da Federación Española de Recuperación y Reciclaje polo seu traballo no ámbito da divulgación científica.

Próximos eventos Ver axenda