Visita guiada á exposición «This is pop! Das latas de Andy Warhol ás túas» en Afundación
- Data
- Venres, 19 de xaneiro de 2024
- Horario
- 12.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)
- Máis información
O venres, 19 de xaneiro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «This is pop! Das latas de Andy Warhol ás túas», situada na sede Afundación da Rúa do Vilar, 19. Esta actividade é gratuíta para as/os ateneístas e ten un custo de 2€ para aquelas persoas que non sexan membros do Ateneo.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o martes, 9 de xaneiro.
Esta exposición inclúe unha selección de sesenta e tres producións de vintenove artistas (Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, etc.) que abordan a arte Pop dende as súas orixes nos anos 50 ata os nosos días, realizando unha análise comparada das producións artísticas de EEUU, Reino Unido e España. A través dun percorrido multidisciplinar e de carácter divulgativo, o público poderá contemplar dende as serigrafías de Marilyn Monroe elaboradas por Andy Warhol, ata as famosas latas Campbell protagonistas da súa produción, ou a repercusión en España co Equipo Crónica, pasando pola arte pop en Reino Unido e a continuidade no pop urbano.