Conferencia «O cambio climático non é só clima» de Fernando Valladares

Data
Luns, 8 de xaneiro de 2024
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 8 de xaneiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «O cambio climático non é só clima», que estará impartida por Fernando Valladares, Doutor en Bioloxía e investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Vivimos tempos exponenciais nos que multitude de cambios teñen lugar a velocidades crecentes. Entre eles está o cambio climático que, especialmente nos dous últimos anos, foi batendo récord tras récord de valores extremos en todo o planeta. A ciencia quedou curta anticipando a intensidade destes eventos de calor, chuvias torrenciais e anomalías climáticas con graves consecuencias xeopolíticas, sanitarias, económicas e, por suposto, ambientais. Quedou curta, entre outras razóns, porque o cambio climático non é só clima. O cambio climático impacta na democracia, enerxía, sobrexplotación e dereitos humanos, e é ao mesmo tempo impactado por democracias oxidadas, pola sobrexplotación de recursos e por uns dereitos humanos vulnerados. Comprender este complexo xogo de interconexións require facer unha radiografía honesta ao noso modelo de civilización, algo ineludible para resolver a crise climática e todo o abano de crises que nos agardan neste século XXI.

Fernando Valladares Ros é Doutor en Bioloxía, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas e profesor asociado na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. É un científico altamente citado, con numerosas investigacións sobre o papel da biodiversidade e os impactos do cambio climático e da actividade humana nos ecosistemas. En 2021 recibe o Premio Jaume I na categoría de Protección do Medio Ambiente e o Premio de Comunicación Ambiental da Fundación BBVA. A súa preocupación pola crise ambiental levouno a divulgar activamente sobre este tema en diversos medios de comunicación, en redes sociais (Twitter: @FernandoVallada / Linkedin: fernando-valladares-CSIC) e na súa canle de «La Salud de la Humanidad» en Instagram e Youtube. Tanto os detalles do seu currículo como toda a súa produción divulgativa en múltiples formatos audiovisuais e en prensa, radio e televisión pode encontrarse na súa web www.valladares.info.

Próximos eventos Ver axenda