Conferencia «Por que é urxente falar de saúde mental?» de Víctor Pedreira

Data
Luna, 4 de decembro de 2023
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O luns, 4 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Por que é urxente falar de saúde mental?», que estará impartida por Víctor Pedreira, Médico-Psiquiatra e Ex-Director Médico do Hospital Psiquiátrico do Rebullón (Pontevedra).

Víctor Pedreira Crespo, natural da Coruña, foi durante 36 anos profesor de «Enfermería en Saúde Mental» na Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra. Dende 1982 ata 2015 foi Xefe do servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra e de 1990 a 1994 Director Médico do Hospital Psiquiátrico do Rebullón e dos servizos de Saúde Mental da Deputación de Pontevedra. Entre 2005 e 2009 desenvolveu o cargo de Subdirector Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias da Xunta de Galicia e foi Socio fundador e Presidente da Asociación Galega de Saúde Mental dende 1990 a 1996, así como Socio fundador e Presidente de Honra da Asociación «Alba» de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental. Entre as distincións acadadas, destacan a Cruz Branca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre Drogas (2008) e o Premio «Cidade de Pontevedra 2017» na súa modalidade de  Persoa Física «pola súa defensa inquebrantable da sanidade pública».

Próximos eventos Ver axenda