Presentación da revista «La Maleta 61: los pasados incómodos compartidos de los europeos»
- Data
- Mércores, 8 de novembro 2023
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 8 de novembro, ás 19.30h, terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a presentación do número 61 da revista La Maleta de Portbou, dirixida por Josep Ramoneda. No acto, onde se falará sobre o tema «Los pasados incómodos compartidos de los europeos», participarán Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC; Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega da USC; Pilar Sampedro, secretaria do Ateneo de Santiago; e Josep Ramoneda, xornalista e director de La Maleta de Portbou.
La maleta de Portbou é unha revista de Humanidades e Economía que ofrece diferentes vías de acceso á cultura. Algúns dos seus principais propósitos son: contribuír ao debate sobre o mundo actual e o seu sentido, afrontar as fracturas tecnolóxicas, culturais, sociais e xeopolíticas e fomentar unha mirada cosmopolita dende unha perspectiva europea incorporando puntos de vista considerados minoritarios e miradas periféricas.